jueves, 29 de octubre de 2015

analisis "The Beginners Guide"

Poñámonos en antecedentes. Xulio de 2011, Davey Wreden saca o mercado o seu xogo independente "The Stanley Parable" (que teño pensado analizalo máis adiante polo que non profundizaréi demasiado) que debido o sua narrativa característica faise importante e é galardonado como un dos xogos do ano e un novo referente da industria indie. Os seus 25 anos ten que superar eso, pero como? Co exercicio de sinceridade brutal que é de "The Beginners Guide"

Antes de leer este articulo é recomendable xogar ou ver o xogo polo que deixaréi o enlace de steam para compralo e un Walkthroug (que he o video no que se pasan o xogo para que a xente que non ten pensado xogalo poda disfrutalo) ainda que recomendo encarecidamente xogalo, costa 8,99 euros e dura hora e media que recomendo xogar do tirón. Comecemos.

No xogo Davey Wreden contanos a historia do seu amigo Coda. Coda comeza a desarrollar videoxogos que Davey nos deixa probar e intenta contarnos o que el cree que el simbolizan, por que os fixo ou que quería dicir. Guíanos a traves do seu proceso creativo co fin de que coñezamos mellor a Coda e descubramos que o leva a facer xogos que unha vez remata non comparte co mundo senón que garda nunha carpeta e soamente os amosa a xente cercana como Davey.

O importante de este xogo e que crea un novo xénero. É como se no cine so houbese películas e chegara o primeiro documental, ou na literatura co paso das novelas o primer ensaio. O que ocurre e que Coda non existe, é unha invención de Davey, como os seus xogos, para contar o seu proceso creativo entre 2008 e 2011, ano no que sacóu The Stanley Parable e no que Coda fai o seu ultimo videoxogo. 

O final do xogo todo cobra sentido e  reflixiona sobre quen é ou posuidor dunha idea. Se algunha vez has intentado crear algo por ínfimo que sexa, un tweet inxenioso, un chiste cos teus amigo, calquera cousa sentiraste identificado e iso é o que fai máxico a The Beginners Guide, o nivel de empatía que me fixo sentir a min e a toda a xente que coñezo que o xogou.

The beginners Guide e o resultado dun proceso retrospectivo que poucas (ou ningunha vez) hemos visto no mundo dos videoxogos. Unha viaxe que dificilmente deixa indiferente e que resulta imposible analizar en profundidade sen arruinar a experiencia.



 Comprar el juego http://store.steampowered.com/app/303210/?l=spanish


jueves, 22 de octubre de 2015

A realidade virtual

Acercase 2016 e con el a saida en masa dos novos visores de realidade virtual de marcas como Sony con seu Play Station VR, Valve en colaboración con Htc co seu Htc Vive e a xoia da coroa, Oculus Rift que tras 2 modelos de proba so dispoñibles para desenrroladores e uns poucos afortunados lanzará o seu primer proyecto de venda o público.
Quen non ha soñado nunca con poñerse unhas gafas e viaxar a outro mundo?, pois os xogadores levamos desde o 2013 seguindo o proyecto de Oculus e pensando na posibiladade de aplicar esta idea os videoxogos, saber de verdade o que e mirar cara abaixo dende un avion a piques de saltar en battlefield ou sentir medo cando estas maniatado cara abaixo en outlast.
Fasciname a idea de poder vivir experiencias que de outra maneira serian imposibles. Recordame a unha montaña rusa. Sabes que non vai a pasar nada pero ainda así cando ves a baixada poste nervioso e gritas. A realidade virtual basease nese concepto de simulación de experiencias, mediante a tecnoloxía, crear experiencias novas que non poderías vivir de outra maneira ou que esixirían un gran despliegue de medios. As posibilidades son ilimitadas, poder estar dentro de series e peliculas, vivir as aventuras gráficas de unha maneira nunca vista antes, incluso no ambito lectivo podería ser beneficioso, poder ver as revoltas de maio ou estar atado na caverna que Platón pensou. As posibilidades son ilimitadas e podería extapolarse a todo tipo de cambios.
Existen algúns impedimentos como o precio que se estima en 300-350 euros por visor, a  potencia gráfica que necesitaran os ordenadores que permitan o seu uso (ainda que na sua ultima conferencia oculus presentou un acordo con diferentes marcas como acer ou alienware que ofrencen equipos de precios inferiores a 1000 euros que podan correr sen problemas os seus dispositivos) ou a gran incognita de se mareará pero o meu parecer pareceme unha gran proposta tanto no ambito lúdico como no profesional


jueves, 8 de octubre de 2015

Os videoxogos como forma de arte

Os videoxogos son arte.
Nun principio pode parecer unha premisa alocada e precipitada pero nos últimos tempos cada vez saen videoxogos que te permiten reflexionar, intentan contar historias. Para a xente que non coñeza o medio pode ser díficil de comprender pola sua falta de referencias, pero existen videoxogos como spec ops: the line que te mostran a crudeza da guerra ou como sunset que te fan reflexionar sobre como os pequeños detalles da vida cotiá poden dicier tanto. Non vou negar que existen xogos cuxa pretensión principal é amasar o maior numero de horas de entretemento nun disco como call of duty, pero agora mesmo a industria do videoxogo esta en plena revolución indie( videoxogos independentes feitos por grupos de desarrolladores reducidos con baixos presupostos) e existen propastas experimentales que reflexionan sobre o medio e buscan novas maneras de contar historias.
Dayoscript e un dos meus maiores referentes. Estudou cine e e un dos máis prestixiosos criticos de videoxogos en españa, traballa na revista mundogamer e ten un canal de youtube o que posiblemente me remita en repetidas ocasions e neste video explica a sua postura sobre o videoxogo moderno.