Poñámonos en antecedentes. Xulio de 2011, Davey Wreden saca o mercado o seu xogo independente "The Stanley Parable" (que teño pensado analizalo máis adiante polo que non profundizaréi demasiado) que debido o sua narrativa característica faise importante e é galardonado como un dos xogos do ano e un novo referente da industria indie. Os seus 25 anos ten que superar eso, pero como? Co exercicio de sinceridade brutal que é de "The Beginners Guide"
Antes de leer este articulo é recomendable xogar ou ver o xogo polo que deixaréi o enlace de steam para compralo e un Walkthroug (que he o video no que se pasan o xogo para que a xente que non ten pensado xogalo poda disfrutalo) ainda que recomendo encarecidamente xogalo, costa 8,99 euros e dura hora e media que recomendo xogar do tirón. Comecemos.
No xogo Davey Wreden contanos a historia do seu amigo Coda. Coda comeza a desarrollar videoxogos que Davey nos deixa probar e intenta contarnos o que el cree que el simbolizan, por que os fixo ou que quería dicir. Guíanos a traves do seu proceso creativo co fin de que coñezamos mellor a Coda e descubramos que o leva a facer xogos que unha vez remata non comparte co mundo senón que garda nunha carpeta e soamente os amosa a xente cercana como Davey.
O importante de este xogo e que crea un novo xénero. É como se no cine so houbese películas e chegara o primeiro documental, ou na literatura co paso das novelas o primer ensaio. O que ocurre e que Coda non existe, é unha invención de Davey, como os seus xogos, para contar o seu proceso creativo entre 2008 e 2011, ano no que sacóu The Stanley Parable e no que Coda fai o seu ultimo videoxogo.
O final do xogo todo cobra sentido e reflixiona sobre quen é ou posuidor dunha idea. Se algunha vez has intentado crear algo por ínfimo que sexa, un tweet inxenioso, un chiste cos teus amigo, calquera cousa sentiraste identificado e iso é o que fai máxico a The Beginners Guide, o nivel de empatía que me fixo sentir a min e a toda a xente que coñezo que o xogou.
The beginners Guide e o resultado dun proceso retrospectivo que poucas (ou ningunha vez) hemos visto no mundo dos videoxogos. Unha viaxe que dificilmente deixa indiferente e que resulta imposible analizar en profundidade sen arruinar a experiencia.
Comprar el juego http://store.steampowered.com/app/303210/?l=spanish
Dende os albores de este medio formouse a idea de que os videoxogos eran unha cousa exclusiva para nenos, e pode que nun principio fose verdade, pero na etapa do videoxogo moderno convertíuse nun medio de expresión tan valido como a literatura e o cine que permite contar historias e enriquecernos culturalmente mediante a gran baza que é o poder facernos vivir experiencias,
jueves, 29 de octubre de 2015
analisis "The Beginners Guide"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario