jueves, 17 de diciembre de 2015

The stanley Parable

Prisioneiro do seu traballo, escravo da monotonía, Stanley é un tipo corrente cun emprego corrente que non está moi afeito saírse da norma. Ao contrario. Encántalle seguir ordes. Sempre o fixo. Pero un bo día, sen saber moi ben por que, o ordenador que lle indicaba paso a paso como debía actuar no traballo deixa de transmitir ordes. Que pasou? Por que ninguén lle di que debe facer e como facelo? Seica pode ao fin actuar por propia vontade? E máis importante aínda, farao?
A mecanica principal do xogo e a toma de decisións, algo nunca visto no medio dos videoxogos (notese a ironía). O elemento caracteristico do xogo é a presencia dun narrador. co seguinte exemplo entenderedes ben a mecanica. Nada mais comezar  aparencen ante ti duas portas e o narrador di antes de que tomes a decisión: "stanley fue por la puerta de la derecha" pero ti podes ir pola que queras, se vas pola dereita, continua a historia pero se vas pola dereita o narrrador enfadase e trata de improvisar para que acabes onde el quere (cosa que case nunca ocurre ata o punto que nuha das ramas da historia o narrador chega a parar o xogo pàra poñernos un tutorial de como seguir ordenes)

na maioria dos finais descubres que o narrador o que quere e contar a sua propia historia e nos o que facemos e romperlla o non facerlle caso.

O xa habitual no blog DayoScript fixo un video fai tempo pero creo que ilustra ben o que quero dicir

Xa falei de Davey Wredden na entrada de The begginers guide e de verdade pareceme unha das figuras mais importantes non so da escena indie senon do panorama completo dos videoxogos.


jueves, 3 de diciembre de 2015

Undertale

Cada certo tempo sae á luz un xogo deses que lle collen a un por sorpresa. É curiosa a forma en que empeza a perfilarse esta industria aos meus ollos, cun certo comportamento cíclico no que eses xogos-sorpresa teñen o malo costume de vir en parellas. Se fai pouco falaba do marabilloso que me resultou The Beginner?s Guide, esta semana volvo con outra peza de incalculable valor: Undertale. Últimamente parece que todo o mundo empeza a abrir os seus ollos a esta obra, e non é para menos, aínda que a primeira impresión engane, porque é un xogo do que namorarse.

Hai xente que o comparou a EarthBound, e non van mal encamiñados ainda que tamen vense trazos de Cave Story. É un RPG cun sentido do humor igualmente fantástico que baña toda a experiencia, desde os diálogos entre personaxes e os textos de combate ás descricións dos obxectos e os deseños artísticos realizados con sprites. O seu encanto non ten límites, e prométovos que é case imposible non esbozar un sorriso xogando.

Undertale é a historia dun neno humano que cae ás profundidades dunha caverna subterránea habitada por monstros e debe atopar a forma de regresar á superficie. Os monstros asentáronse alí fai moito tempo, despois de que os humanos os desterraran, polo que existe unha reacción moi tensa por parte dos primeiros cando os segundos atrévense a descender a ese mundo. Ao empezar a xogar atopámosnos/atopámonos cos dous primeiros monstros: unha flor chamada Flowey e unha especie de vaca ou coello moi maternal chamada Toriel. Os dous parecen boa xente, pero non deixan de ser monstros, así que deberiamos confiar neles?

Tamén destaca o sistema de "combate", por chamalo de algún modo no que hay 2 maneiras de gañar, matando o rival ou falando con el ata poder perdoalo. podería porselle a pega de que busca manter a atención do espectador por medio de minixogos tras cada acción pero é que cada minixogo fala dos persaaxes e esta relacionado coa accion.

Undertale é unha obra maestra experimenta coa a esencia dos videoxogos e narra unha historia simple e sobria dende a costrucción de persoaxes simples pero increiblemente carismaticos.

Deixo o video de Dayoscript no que fala deste xogo da forma que me gustaria falar a min e espero que o disfrutedes