jueves, 17 de diciembre de 2015

The stanley Parable

Prisioneiro do seu traballo, escravo da monotonía, Stanley é un tipo corrente cun emprego corrente que non está moi afeito saírse da norma. Ao contrario. Encántalle seguir ordes. Sempre o fixo. Pero un bo día, sen saber moi ben por que, o ordenador que lle indicaba paso a paso como debía actuar no traballo deixa de transmitir ordes. Que pasou? Por que ninguén lle di que debe facer e como facelo? Seica pode ao fin actuar por propia vontade? E máis importante aínda, farao?
A mecanica principal do xogo e a toma de decisións, algo nunca visto no medio dos videoxogos (notese a ironía). O elemento caracteristico do xogo é a presencia dun narrador. co seguinte exemplo entenderedes ben a mecanica. Nada mais comezar  aparencen ante ti duas portas e o narrador di antes de que tomes a decisión: "stanley fue por la puerta de la derecha" pero ti podes ir pola que queras, se vas pola dereita, continua a historia pero se vas pola dereita o narrrador enfadase e trata de improvisar para que acabes onde el quere (cosa que case nunca ocurre ata o punto que nuha das ramas da historia o narrador chega a parar o xogo pàra poñernos un tutorial de como seguir ordenes)

na maioria dos finais descubres que o narrador o que quere e contar a sua propia historia e nos o que facemos e romperlla o non facerlle caso.

O xa habitual no blog DayoScript fixo un video fai tempo pero creo que ilustra ben o que quero dicir

Xa falei de Davey Wredden na entrada de The begginers guide e de verdade pareceme unha das figuras mais importantes non so da escena indie senon do panorama completo dos videoxogos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario