jueves, 26 de noviembre de 2015

the last of us

Recordo moi poucos xogos que consigan unha recepción tan unánime como The Last of Us. Prensa especializada e xogadores de todo o mundo hano aclamado como un dos mellores títulos da xeración pasada -si non o mellor-, e aínda que eu non iría tan lonxe, unha vez xogado é fácil ver o por que. The Last of Us é unha experiencia narrativa magnífica que deixa en pañales a case todos os xogos que presumen de saber contar historias. E ademais faio coas ferramentas de toda a vida, coas típicas secuencias animadas, cos diálogos entre personaxes, e coas referencias que hai diseminadas polo escenario. The Last of Us é a mostra palpable de que non hai que recorrer a experimentos narrativos para desenvolver unha historia rica en matices, senón simplemente saber aplicar o que xa está inventado.
A sua historia non é o mais novedoso que hemos visto, un virus chamado Corzeps invade o mundo e convirte os seus portadores en montruos agresivos que poderiamos catalogar como zombies.O realmente atractivo está na historia dos seus personaxes, como evolucionan e como reaccionan ante a miseria e o horror que lles rodea. Isto lévanos directamente a Joel, un contrabandista cun atormentado pasado, que por diferentes motivos que se explican nos primeiros compases do xogo, ten que trasladar a Ellie, unha nena de 14 anos, nos arredores da zona de cuarentena. O resto da viaxe non ten desperdicio, porque malia algúns altibajos, a historia é o auténtico motor do xogo.
En canto o sistema de xogo e un shooter normal solo que temos cortos recursos e quizas nun tiroteo solo dispoñamos de 5 balas para 4 enimigos e esto confirelle as armas unha sensación que ainda lonxe da real transmite que cada bala e un torrente de destrucción que pode rematar cunha vida.
Neste blog moitas veces falei da incesidade de grandes granficos para contar historias pero neste xogo os apartados artisticos e gráficos son impresionantes ata o punto que cando ves a ellie parece real, e esto permitete meterte na historia de forma mais inmersiva e realmente collerlle cariño.
Non quero profundizar moito no final pero e impresionante. O final Joel escolle un camiño que ninguen espera pero que se pensas friamente, ten moita lóxica pola sua progresión psicoloxica.
Non e un simple shooter de zombies senon a hitoria de 2 persoaxes atormentados que estechan lazos no que os infectados pasan a un segundo plano frente o guión e quizais sexa a culminación do sistema narrativo tradicional por cinematicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario