jueves, 7 de enero de 2016

Os mundos abertos e máis tendencias

Os mundos abertos ou sandbox, sonan moi ben, un gran mapa repleto de zonas que explorar e misións que completar cando e como queiras, que pode sair mal?.
O grande proble dos mundos abertos e o desgaste. Os xogos de mundo aberto teñen unha cantidade indecente de de contido que maiormente é de relleno para poder dicir que o xogo conten máis horas que os demáis e asi ser un aliciente de compra. Exemplo de esto e a saga Assasins Creed, que ademáis de ser o exemplo por excelencia de anualización dunha saga tamen é unha das que mas horas de xogo insulsas tes que aguantar para avanzar na historia  (Ubisoft <3).
O outro gran problema e o por que si. Metal Gear Solid 5, agora mundo aberto, no E3 de 2013 todos empezamos a babear coa resolución do perro de Big Boss e o anuncio de que por primeira vez sería un mundo aberto no que poderiamos explorar en busca de campamento enemigos que poderiamos capturar limpandoos de npcs o máis puro estilo far cry 3. Esto en vez de axudar a narrativa o que fai é ralentizar o ritmo do xogo e ainda que as misións secundarias son medianamente entretidas non ofrecen nada a experiencia e so inchan o numero de horas que estaras xogando, desviando recursos graficos e de producción da campaña principal e da historia que son o segundo gran pilar da saga despois das perfectas mecanicas de sixilo.
Se ves unha conferiencia dos últimos 3 ou 4 anos todos os xogos prometen liberdade de exploración do mundo e en xogo como the witcher 3 ou Grand Theft Auto estan xustificados pero unha persoa non pode xogar máis de 3 ou 4 xogos de 100 horas o ano e falta reivindicar as virtudes dos xogos cortos. Dr. Langeskov, The Tiger, and The Terribly Cursed Emerald é un xogo gratuito de menos de 15 minutos e é unha das mellores experiencias que he xogado últimamente. Quizas dentro duns anos escriba unha entrada sobre a epoca dorada dos mundos abertos pero de verdade, desarrolladoras, parade xa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario