Levaba moito tempo querendo analizar este xogo como exemplo da narrativa difusa nos videoxogos pero debido a sua importancia para comprender ben futuras entradas queria facelo ben. considero que esta é unha entrada importante no blog e considero que deberia lerse con atención se non sabes de que xogo estou a falar.
Hidetaca Miyazaki é o maximo representante da narrativa difusa no videoxogo, coa saga "Souls", o primeiro proyecto foi Demon Souls un xogo de non moi alto presuposto desarrollado por From Software e co apoio de sony que estivo a piques de non ver a luz e que debido a sua complexidade gañou unha grande popularidade en internet e pasou de distribiurse so en asia a estar en case cada tenda de videoxogos do mundo. Tras esto Miyazaki e From Software comezaron a desarroyar o xogo máis importante da saga que redifiniu a narrativa e marcou o camiño a seguir do rol actual.
Dark
Souls sitúanos no decadente reino de Lordran, un mundo antes cuberto de
escuridade e dominado por dragones inmortales. Un grupo de seres
descubriron o poder do lume da Primeira Chama, e liderados por Gwyn,
derrotaron aos dragones e a luz renaceu en Lordran. Pasado o tempo,
estes seres con almas poderosas perderon a cordura e agora a luz está en
perigo. Ademais, apareceu a maldición dos Non Mortos, que non permite
morrer aos falecidos. Para moitos Non Mortos o seu destino non é outro
que acabar como Ocos, monstros salvaxes. O noso deber será derrotar aos
seres que acabaron coa escuridade no seu día, e mediante as súas almas,
traer de novo o lume a Lordran, converténdonos así no sucesor de Gwyn.
O
título é un Action RPG en terceira persoa, onde creas un personaxe,
seleccionas unha clase das 10 dispoñibles, e? ¡Prepárate para morrer! A
nivel narrativo, Dark Souls poderiamos catalogalo como un ICO, é dicir,
non se centra na trama ou o desenvolvemento do personaxe, senón que nos
ofrece un mundo enorme e abatido, cheo de terribles perigos, e
aderezado con detalles narrativos que nos anima a crear nosa propia
historia a partir de un Lore xa establecido.
Estás Morto? recorda estás palabras porque as verás amenudo. O xogo
diferencia o estado do personaxe como Vivo, onde teremos aspecto humano,
ou Non Morto, ao perder a vida pasaremos a ser unha especie de zombi. O
tempo como Vivos será infinitamente inferior ao de Non Mortos, pódovolo
asegurar
Cada
estado ten os seus proles e contras, estar vivo permítenos invocar a
xogadores mediante o modo multijugador que posúe o xogo, pero para iso
deberemos gastar Humanidades, un ítem que conseguiremos reunindo un bo
número de Almas (a moeda do xogo, que conseguiremos ao derrotar
inimigos), matando a vivos ou mediante items. A principal vantaxe de
avanzar como Non Morto é que aforraremos humanidades e evitaremos ser
invadidos por outros xogadores.
Dark
Souls pasou a encabezar a lista do xogo ao que máis horas lle botei,
140 nin máis nin menos. E preguntarédesvos, por que tantas? Facelo
prácticamente todo trae o seu tempo, ademais está o extra de axudar a
descoñecidos, onde se dan moitas anécdotas que non teñen desperdicio,
como recibir mensaxes con peticións, queixumes ou agradecimientos. Nunca
me pasou algo igual en ningún xogo deste xénero.
En moitos sentidos, Dark Souls é un antídoto para aqueles desilusionados
cos xogos actuais. Os niveis laberínticos con trampas, numerosos
inimigos letais e a ambientación gráfica e sonora que presaxian os nosos
peores temores. Todo iso é un sinal claro e positiva de como deberían
ser os xogos do futuro, onde o xogador ten que dar o máximo de si para
superar os retos, tratando de demostrar que o maior pracer é o resultado
do maior esforzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario